Actualidade
20-02-2020
DÍA MUNDIAL DA XUSTIZA SOCIAL
É xusto ou non?
Nacións Unidas teno claro e nós tamén o deberiamos ter. O Día Mundial da Xustiza Social reivindica a igualdade dos dereitos e das obrigas de cada ser humano na sociedade.
Detrás de cada inxustiza hai unha historia e, detrás de cada historia, un valor que debemos aprender e comprender. Pensaches cales son algunhas das maiores inxustizas da nosa sociedade?
- A ausencia de emprego pleno e digno.
- A desigualdade entre sexos.
- A persecución de minorías.
- A pobreza.
- A destrución da Natureza.
Estes son só algúns exemplos. É moita hora de reflexionar sobre que podemos facer para que este mundo sexa máis equitativo. O desenvolvemento da sociedade non ten sentido ningún se non redunda nun benestar real e sostible.
Libros recomendados