Actualidade

Día Internacional contra a violencia e o acoso escolar

Desde 2013, a UNESCO celebra cada primeiro xoves de novembro o Día contra a violencia e o acoso nas aulas. Once anos dando visibilidade a unha problemática que vai en aumento e que xa inclúe o ciberacoso porque, lamentablemente, o bullying ou acoso escolar traspasa as portas da aula e vai canda o estudantado para a súa casa.

Monstros?

Só nos contos!

Hoxe e todos os días debemos facer un esforzo para loitar contra o acoso que sofren algunhas persoas da nosa sociedade e sensibilizar sobre a súa situación. Desde Oqueleo ofrecemos a nosa mellor ferramenta: os libros. A lectura transfórmanos, emociónanos e axúdanos a identificar situacións e procesalas a partir dos personaxes.

Bótalle unha ollada á selección de lecturas que escollemos para loitar contra o monstro do acoso. Vala atopar xunto con outros recursos (carteis, artigos e vídeos) na zona docentes.

Novas relacionadas