Actualidade

Feliz aniversario, Michael Ende!

Tal día coma hoxe, faría 95 anos o autor de obras tan máxicas como Momo e A historia interminable. Michael Andreas Helmuth Ende naceu en Alemaña no 1929 e tivo unha vida chea de cultura e arte ata que faleceu aos 66 anos por un cancro de estómago.

Porque cada home ten o seu propio tiempo

e só mentres continúe sendo seu se mantén vivo.

A súa primeira obra, Jim Botón e Lucas o maquinista, agora traducida a máis de 40 idiomas, sufriu dez rexeitamentos editoriais ata que se publicou por vez primeira no 1960. Logo desta obra, galardoada ese ano como mellor libro alemán, seguírona Momo, galardoada co Premio de literatura adolescente de Alemaña, e A historia interminable que recibiu o premio Janusz Korczak.

Queres coñecer máis sobre a vida deste imaxinativo autor? Hai moitísimos artigos con curiosidades sobre este autor que talvez non coñezas e que poden interesarche.

Novas relacionadas

Escritores relacionados