Actualidade

Día Internacional da Educación

O próximo 24 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Educación para lembrar publicamente a achega da educación á paz e ao desenvolvemento. A educación contribúe na igualdade entre as persoas, axuda a erradicar a pobreza e a fame e, por esta razón, é un dos obxectivos de desenvolvemento sustentable na Axenda 2030.

Este día queremos conmemoralo xunto con todos e todas as docentes que traballan arreo e pulan por unha educación inclusiva e de calidade, que animan a que o alumnado aprenda e que tratan de formar persoas que formen unha sociedade mellor e máis xusta. A todos eles nós queremos achegarlles o noso gran de area ofrecendo lecturas, personaxes, guías de lectura e proxectos que apoien ese labor inestimable. Confiamos en que a nosa humilde achega tamén mellore a calidade da educación e que sexa útil como material de apoio para todas esas ideas pedagóxicas que a diario se desenvolven nos centros de ensino.

Feliz día e oxalá todos os nenos e nenas do mundo poidan mellorar a súa vida e a da sociedade en xeral.