Actualidade

Cinco retos para o 2025

Comeza un novo ano e con el chegan os propósitos e mais a gana de renovar e de mellorar. Facermos máis exercicio, comermos máis saudable, organizármonos mellor, deixarmos de…, pero en poucas ocasións pensamos no propósito de ler. Este ano propoñémosche cinco retos relacionados coa lectura para que os libros formen parte do teu 2025 e do dos alumnos e alumnas.

  1.       Ler polo menos 12 libros (un cada mes).
  2.       Ler un libro de poesía. No noso buscador podes atopar algún para idades temperás.
  3.       Ler un libro clásico. Para os máis pequenos seguro que podedes atopar algunha adaptación ou seleccionar algún fragmento que poida ser accesible.
  4.       Ler unha novela gráfica. O cómic tamén forma parte da literatura.  Xa che contamos anteriormente algún dos seus beneficios e tamén podes atopar recomendacións lectoras xeitosiñas nalgunhas canles e blogs.
  5.       Ler unha obra de teatro. É un xénero divertido, dinámico e que convida á lectura en voz alta entre varias persoas, sempre dá para facer actividades chulas nas aulas. Tamén no noso catálogo hai algún título que che pode interesar.

Confiamos en que estes retos te animen a incluír máis lecturas no 2025. Feliz ano novo lector!