Actualidade
27-01-2022
Propósitos de ano novo IV: ser máis tolerante
As sociedades máis prósperas e con capacidade de adaptarse ás crises son aquelas que se basean nunha serie de valores que lles permiten ser abertas e inclusivas. Entre eses valores está a tolerancia. A tolerancia é a capacidade de convivir con persoas significativamente distintas dun mesmo, xa sexa por trazos físicos, valores, gustos ou ideoloxías. É por iso que será un dos piares da nova LOMLOE, porque somos un país avanzado que loita por seguir avanzando.
Pero tristemente as persoas con tendencia á intolerancia seguen existindo. Por sorte, esta conduta pode cambiar. Sigue lendo e verás que fácil é:
- Enriquece a túa vida social e dálles visibilidade a certos perfís que adoitan estar máis lonxe do teu ámbito.
- Xoga a ser o avogado do diaño, é dicir, tratar de comprender puntos de vista cos que estamos en total desacordo.
- Párate a pensar nos puntos en común coas persoas das que te sentes que vos separa un abismo.
- Detecta as trampas mentais que te levan ao enfrontamento. Moitas veces, a intolerancia baséase no desexo de gañar discusións e non ter que asumir que se estivo equivocado ou equivocada todo este tempo.