Actualidade
25-05-2023
Es un verdadeiro friki?
Friki é un adxectivo que pode empregarse para designar a persoas ou cousas consideradas como extravagantes, excéntricas ou raras, ou para referirse a individuos que se entregan de xeito obsesivo e desmesurado a certas afeccións. Star Wars, O señor dos aneis, Harry Potter, o manga, son algúns dos temas nos que os frikis se centran pero, se dubidas ou non de se tamén ti es un deles ou delas, fai este rápido test:
Se tiveses que elixir un disfrace, ¿cal sería?
-
Superheroe de Marvel.
-
Personaxe de actualidade.
-
Tiro de clásicos: bruxa, animal, bombeiro, médica…
Quen é a única persoa que se interpretou a si mesma en Star Trek?
-
Stephen Hawking
-
Rosalía
-
Bill Gates
Cando estás con amigos…
-
Saco o meu xogo de rol.
-
Propoño bailar ata morrer.
-
Ensínolles a miña colección de Funkos.
No teu tempo libre:
-
Congrego a comunidade do anel.
-
Fago deporte.
-
Encérrome na batcova para ver as miñas series favoritas.
Que tesouro tes gardado no caixón?:
-
O libro de feitizos de Hermione.
-
O pano do restaurante a onde fun coa primeira parella.
-
A primeira edición de Crepúsculo.
Solución:
Maioría A: non hai dúbida, es e seguirás sendo un freak. Morte á normalidade.
Maioría B: Vives nun mundo máis real ca o movemento de cadeira de Karol G.
Maioría C: Camiñas por esa fina liña. Un golpe de vento pódete colocar en calquera dos extremos.
Libros recomendados