Naceu en Compostela no ano 1974. Estudou Xornalismo e desenvolveu a súa actividade profesional como responsable de prensa en diferentes entidades e institucións, como a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a Universidade de Santiago de Compostela ou o Concello de Santiago, e tamén como redactor nos xornais La Voz de Galicia e De Luns a Venres.
No 2015, gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, De remate, e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con Quen dá a quenda? Nese mesmo ano, a súa obra A caixiña dos rancores (Vidas cruzadas) recibiu o Premio Raíña Lupa de Novela Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña.
No 2016, gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo con Once portas, e o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil con Denébola a Roxa.