Actualidade

Son Oqueleo, son poesía

O obxectivo deste día é apoiar a diversidade lingüística e darlles a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística. Ademais, procúrase promover o ensino da poesía, fomentar a tradición oral dos recitais poéticos, apoiar as editoriais, crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha vía de expresión e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas.

Convidámoste a que compartas a túa opinión, ideas e experiencias sobre o tema nas distintas redes sociais a través do cancelo #DíaMundialdaPoesía.