Actualidade
21-03-2022
Día Internacional da Poesía
Neste día búscase promover o ensino da poesía, fomentar a tradición oral dos recitais, apoiar a as editoriais e crear unha imaxe atractiva da poesía para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha vía de expresión. Este día vén engrandecer a poesía e a non presentala como un xénero literario inaccesible.
A través da poesía somos capaces de expresar os pensamentos, sentimentos e emocións empregando unha linguaxe na que prima a beleza. A poesía contribúe á diversidade creativa ao cuestionar a forma en que usamos as palabras e o noso modo de percibir a realidade.
Cómpre que de cando en cando saiamos da prosa diaria para elevarnos ao mundo da poesía. Non diredes que non se agradece algo de lírica!
Novas relacionadas
22-05-2020
Libros recomendados