Actualidade

Propósitos de ano novo III: aprender algo novo

Para aprender sempre é tempo, di o refraneiro, e tamén di que vai a vella morrendo e vai aprendendo... E facendo caso da sabedoría popular, está claro que para seguir medrando na vida é necesario enchouparse de coñecemento. E con isto non queremos que penses en alcanzar saberes inalcanzables, senón que queremos incitarte á curiosidade. Xa sabemos que as persoas curiosas teñen a necesidade de seguir coñecendo máis porque canto máis saben, máis preguntas se fan e iso lévaas a querer saber máis.  

Sabías que existe o chamado efecto Dunning-Kruger? Consiste nun nesgo cognitivo en virtude do cal os individuos incompetentes tende a sobreestimar a súa habilidade, mentres que os individuos altamente competentes tenden a subestimar a súa habilidade en relación coa doutros. Está relacionado co nesgo cognitivo da superioridade ilusoria. O efecto débese á incapacidade dos individuos incompetentes para recoñecer a súa propia ineptitude, e a que os individuos moi competentes tenden a subestimar a súa competencia relativa.

O efecto Dunning-Kruger foi descrito polos psicólogos sociais David Dunning e Justin Kruger en 1999 e fíxoos merecedores, a ambos os dous, do Premio Nobel de Psicoloxía en 2000.

Aprendémosche algo novo? Xurdíronche novas preguntas? Nunca deixes de saciar a túa curiosidade nin de facerte novas preguntas. As respostas seguro que xa sabes onde atopalas. Vímolo dicindo desde hai tempo: o cambio medra nos libros.