Entra / Rexístrate

Actualidade

Orgullo lector 2024

Orgullo lector

Goza do mes máis colorido do ano

Un ano máis nós celebramos a inclusión e a diversidade a toda cor, xa que segue habendo parte da sociedade que non se sente respectada nin recoñecida. Facémolo con ledicia porque todas as persoas merecemos celebrar que atopamos a identidade e que somos libres de expresalas.

Con todo, non somos alleos ao lado máis triste da incomprensión e por iso desde os nosos libros e as súas historias gústanos visibilizar unha problemática aínda frecuente. Sirva esta selección de lecturas para que atopes refuxio, representación e un medio para que cada vez máis persoas abandeiren o Orgullo lector.

Orgullo lector