Actualidade

Coidemos o planeta!

Cada ano, o primeiro luns de outubro, celebramos o Día Mundial do Hábitat para reflexionar sobre o estado das nosas vilas e cidades. En 2019, Nacións Unidas escolleu como tema o uso da tecnoloxía como ferramenta para a xestión de residuos.

Na actualidade, o sostemento do noso planeta é un dos temas que máis nos debería preocupar. Cada hora pérdense 97 hectáreas de bosque e cada 20 minutos desaparece, polo menos, unha especie vexetal; pola contra, hai 3500 persoas máis no mundo. Somos nós @s que xeramos maior cantidade de residuos e poñemos en perigo o 70 % das especies coñecidas.

O hábitat e a súa biodiversidade son necesarios para a nosa supervivencia e está nas nosas mans preservalos. Por iso, ímosche propoñer algunhas ideas para reducir o impacto que provocamos e así axudar a mellorar un planeta xa danado.

Lembra concienciar tamén @s máis pequen@s con lecturas que lles aprendan o valor da natureza e a importancia da ecoloxía.