Entra / Rexístrate

Actualidade

Benvido verán, deica logo aulas!

Hoxe comeza oficialmente o verán e mañá remata o curso escolar. É tempo de cambiar a mochila da clase pola das excursións, gozar do tempo libre e recompensar todo o esforzo realizado durante o ano escolar.

Para os docentes é momento de pechar un ciclo pero tamén de deixar xa trazado o novo curso, con novas propostas educativas para os grupos seguintes e, sobre todo, o itinerario lector. Para todos e todas elas é que propoñemos unha diversidade de recursos, propostas e guías de lectura que se poderá atopar na zona docentes da nosa páxina.

Para as familias, é tempo de gozar de xornadas máis longas xuntos. Saír, recrearse, conversar e, sobre todo, facer actividades en familia. Para iso atoparás traballos manuais e pasatempos que se poden facer tanto na casa coma no lugar de vacacións.

Lembra que no verán sempre hai tempo para un bo libro e por iso non esquecemos as nosas recomendacións lectoras máis refrescantes.

Novas relacionadas