Entra / Rexístrate

Actualidade

Lecturas de verán 2024

A mellor viaxe faise cun libro

Comeza a conta atrás. Xa estamos no mes de xuño e toda a comunidade educativa anda con probas, avaliacións, correccións, peche de traballos e un último pulo ata o final das aulas o 21 de xuño. 

Gozar das vacacións, do tempo de lecer e do aire libre é primordial para o verán, pero tamén o é manter o hábito lector. A época estival é unha desas ocasións marabillosas para mergullarse tanto en novelas máis longas, coma naqueloutras máis lixeiras e divertidas que nos axuden a desconectar.

Dispoñer de máis tempo para ler dános marxe para escoller aquilo que fomos adiando durante o curso.

E por se precisas ideas, ti, lector ou lectora, ou facer recomendacións lectoras, ti mestre, mestra ou profe, por aquí deixamos unha boa selección de lecturas para o verán. Confiamos en atinar!

Lecturas de verán