Actualidade

Á nosa saúde

O 6 de abril é o Día Internacional do Deporte e ao día seguinte, 7 de abril, o Día Mundial da Saúde. Casualidade que os dous días estean tan preto? Cando pensamos en vida sa é inevitable pensar en deporte porque é un dos hábitos sans que podemos adoptar. Fálase dos famosos 12.000 pasos que debemos facer cada día, de estirar para non quedar coma C3PO, dos 15 minutos de actividade diaria, de elixir o deporte que máis nos represente, pero o fin último é manter o corpo activo. Aquí van algúns dos beneficios do deporte. Anota!

  1. Mellora da saúde cardiovascular. O corazón é un músculo, e como tal necesita ser traballado. Sabías que o exercicio regular pode axudar a mellorar a saúde xeral de todo o sistema cardiovascular?
  2. Fortalece o sistema inmunolóxico, é dicir, axuda o corpo a enfermar menos.
  3. Mellora o sono.
  4. Reduce o risco de enfermidade cardíaca, accidente cerebrovascular, diabetes, cancro, colesterol, osteoporose…
  5. O exercicio tamén é bo para a saúde mental, xa que pode combater os sentimentos de ansiedade e depresión, agudizar o enfoque e mellorar a autoestima.
  6. Axuda a controlar o peso. A actividade física non só queima calorías, senón que tamén mellora o metabolismo a longo prazo.
  7. Mellora a forza muscular, a resistencia e a flexibilidade articular.
  8. Alivia o estrés como estimulante do estado de ánimo.

Como resultado de sumar todos os beneficios anteriores, obtemos unha vida máis sa, agradable e polo tanto, máis longa. E temos máis tempo para ler marabillosos libros coma os que che propoñemos a continuación para invitarte a levar unha vida máis sa.