Actualidade

Xullo. Fagamos Historia

Sabías que no calendario romano o mes de xullo se denominaba Quintilis? Correspondía ao quinto mes e tiña 36 días de duración. O rei Rómulo reduciuno a 30 e despois o rei Numa de Roma levouno a 31 días. Finalmente, o rei Xulio César estableceuno en 31 días. Por certo, en honor ao seu nome e ao seu nacemento un día 13 de xullo, renomeouse p mes como “Iulius”. O que coñecemos hoxe en día como Xullo.

Agora que xa sabes de onde vén o nome, sabes xa o que vas facer con todo o tempo libre que che deixa o mes de xullo? Aquí van unha serie de actividades que historicamente se fixeron no mes de xullo, aínda que xa lles gustaría aos antigos romanos facer algunha delas:

  • Bañarse na praia, no río, na piscina. Calquera sitio é bo para nos refrescarmos. Incluso utilizando unha mangueira ou un aspersor!

  • Gozar do tempo libre, xogar, ir de campamento, erguerte máis tarde, ir visitar máis os seres queridos, ir ao cine de verán, etc.

  • Comer xeados. De amorodo, chocolate, mango ou nata. Hai tantos sabores e todos tan ricos!

  • Ler. Debaixo da sombra dunha figueira, deitado na colchoneta na piscina, na cama antes de durmir, coa familia as fins de semana… Aínda non sabes que libro ler? Consulta a nosa selección de verán aquí!

Novas relacionadas