Actualidade

Logo

Un ano de lecturas compartidas... Grazas!

OQUELEO escríbese todo xunto, sen espazos, sen guións, sen nada que separe o acto de “ler” do de “sentir”, porque a literatura une estes dous verbos de xeito invisible ata chegar a nos producir un belisco na alma capaz de facernos chorar, rir, reflexionar, conmover, empatizar, ilusionar, soñar…; en definitiva, vivir.

Moitos son os recordos que gardamos deste ano no que lemos xunt@s tantas e tantas historias. As primeiras de moitas máis que están por chegar ás vosas mans grazas ao apoio que nos destes tod@s @s que, coma nós, sabedes que nos libros está o que fomos, o que somos e o que seremos.