Actualidade

Sobrevivir ao verán

O cambio climático é unha realidade e este verán promete ser de novo un dos máis calorosos, aínda que por agora estamos tendo un tempo chuvioso. As altas temperaturas vólvennos irritables e menos e nenas non son unha excepción. Con frecuencia o cansazo e a calor converte un día fantástico en familia noutro de perrenchas e mal humor por parte de todos. Por iso dámosche algún conselliños que poderían mellorar as vacacións:

  1. Dieta lixeira. Opta por xantares máis fresquiños como poden ser unha ensalada de pasta, sopas frías e comidas lixeiras. Unha sobremesa fría é incuestionable.
  2. Lémbralles que beban auga con frecuencia. A miúdo prenden tanto no xogo que esquecen hidratarse.
  3. Non esquezas o protector solar de rápida absorción. Se os protexes durante o día, non sufrirán as consecuencias das queimaduras durante a noite.
  4. Un baño antes de durmir e un cuarto fresco. A falta dun bo descanso adoita ser a clave do noso mal humor no verán. Se tiveron actividade abonda durante o día, un bo baño acabará de relaxalos e estarán predispostos para un longo sono. É importante manter fresco o dormitorio ou espertarán na metade da noite.
  5. Aproveita as horas centrais do día para facer actividades na casa. Ir ao parque ou á praia pola mañá, gozar cos amigos na tardiña e refrescarse na casa nas horas máis calorosas. Para esas horas propoñémosche a mellor receita: unha boa lectura!