Actualidade
15-12-2022
Sete trucos para atinar cos agasallos no Nadal
Cada vez é máis habitual que co presente que entregamos tamén vaia o tícket regalo pero se algo nos fai felices é cando sabes que non lle deron uso a ese papel. Queres uns trucos infalibles?
- Non penses en ti, no que che gustaría, pensa na persoa que vas agasallar.
- Non vaias a cegas comprar, pensa antes para non dar moitas voltas.
- Busca un cómplice que che axude se estás perdido ou perdida.
- Ás veces as cousas materiais non son as que máis gustan. Indaga un momento especial para esa persoa, a súa canción favorita, o seu prato ideal…
- Un bo envoltorio axuda. Non o descoides.
- Un agasallo non debe facerse por obriga e cando así se fai percíbese.
- Regala libros. Os libros son viaxes gratis, son lugares onde coñeces xente nova, onde aprendes cousas, sitios en que te divirtes, te emocionas… Ler é un regalo! E se non sabes cal é o libro axeitado botámosche unha man. Abre o PDF e atopa propostas que poden axeitarse.