Actualidade
27-09-2018
Que sabes de...? Gloria Sánchez
- Naceu nunha aldea de Vilagarcía de Arousa. É a sétima de oito irmáns.
- Das lembranzas da Vila, algúns recordos intensos e tristes: cando o perruqueiro Pedro lle cortou as trenzas e a visita ao médico, que a cosía a inxeccións debido á súa precaria saúde.
- Aínda que de pequena aborrecía a escola, acaba de xubilarse como mestra de Audición e Linguaxe.
- Da súa experiencia escolar destaca a fascinación que sentía, e sente, polos alumnos e alumnas con autismo; deste alumnado foi do que máis aprendeu.
- De nena quería ser cantante pero, como non pasou de coñecementos moi básicos coa guitarra, escribe as letras, ás que por veces lles pon música o grupo Mamá Cabra e algúns outros.
- Publicou algún libro en coreano e tamén en braille.
- Posúe reputados premios a nivel nacional e mencións a nivel internacional. Un dos seus libros foi considerado un dos 100 mellores publicados en España no século XX.
- Dous dos seus libros de poemas foron máis lidos en México que aquí. Non deixa de resultarlle curioso.
- Gústalle a natureza; o mar, en particular. Unha parella de rulas aniñou nunha xardineira do seu balcón e logrou que as crías saíran adiante. Disque eran rulas turcas. O ceo non ten fronteiras.
- Para ela, escribir é un dos recreos da súa vida. Igual ca de nena, segue a xogar… pero coas palabras.
Libros recomendados
Escritores relacionados