Actualidade

Que podemos facer para previr conflitos negativos e fomentar a paz na aula?

Cada 30 de xaneiro, todos os centros de ensino do mundo únense para apoiar a paz e a tolerancia. O Día Escolar da Paz e da Non-violencia conmemora, ademais, o aniversario da morte de Gandhi.

É fundamental para recrear un ambiente de paz, xerar desde os fogares un clima de confianza, temperanza e conciliación que axude os nenos e as nenas a resolver conflitos de xeito pacífico e dialogante pero tamén previr desde a escola ao manter un medio pouco hostil.

Aquí van uns consellos que poden resultar útiles:

  •        Se se sospeita que o neno ou nena poida estar sufrindo algún tipo de agresión física ou verbal, o primeiro é falalo desde a tranquilidade con todos os implicados. Hai que transmitir que a violencia nunca é a solución.
  •        Trasládalle o teu apoio para que se sinta acompañado.
  •        Non lle restes importancia ao acontecido, nin invalides as súas opinións ou emocións ao respecto. Reforza a súa valentía por atreverse a contalo.
  •        Lémbralle a toda a aula a importancia de non invisibilizar a violencia. Non se debe ser parte activa nin tampouco pasiva.

Lembra que os monstros só viven nos contos. E que a lectura nos salva.