Entra / Rexístrate

Actualidade

Monstros? Só nos contos!

Que cada páxina sexa unha ponte cara á valentía

Día Internacional contra o Acoso Escolar

Cada ano lembrámosche que os monstros unicamente deben vivir nos contos. Preocupámonos por un problema social que, lonxe de desaparecer, medra. Dámoslles a man aos e ás docentes no seu labor con artigos, consellos e solucións para detectar o acoso escolar e carteis que contribúan a concienciar o alumnado e o persoal do centro sobre unha problemática tristemente frecuente. Este ano volvemos facelo do xeito que mellor sabemos, a través da lectura. Porque queremos que cada páxina sexa unha ponte cara á valentía. Descarga a nosa selección de lecturas e lembra: Monstros? Só nos contos!

Lecturas Monstros? Só nos contos!