Actualidade
11-12-2021
Propósitos de ano novo I: facer deporte
Chega o ano novo… e, con el, os propósitos! Porque con cada novo inicio de ano, caemos nos clásicos propósitos e non hai nada máis común que considerar o de facer deporte. Porque a mellor forma de comezar o ano é coidándote.
Non todo o mundo ten que ser deportista olímpico, pero está ben que te marques metas a curto e longo prazo. Empeza elixindo actividades simples como longos paseos a bo ritmo, correr ao aire libre, facer unha rutina de exercicios na casa… ou apuntarte a ese deporte que leva tempo interesándoche. Atrévete tamén con algunha experiencia con monitor ou monitora que te anime, agora mesmo hai moitas opcións: surf, escalada, sendeirismo, vela, submarinismo...
O importante é que goces del e se é acompañado/a, mellor, porque cando a alguén lle empecen a frouxear os propósitos, haberá outro que tire do carro. Que tes que facelo só ou soa? Pois motívate con música, pescuda nas múltiples listas de Spotify dependendo do deporte que elixas. Que es das persoas que prefire facelo soa pero sentirte acompañada? Sigue algunha canle de Youtube. Hainas para todos os gustos pero desde Oqueleo facémosche unha recomendación. Non vas a quedar indiferente. Dálle ao play.
Libros recomendados