Actualidade
13-03-2024
Os 10 escritores coas manías máis curiosas
Os autores e as autoras son os encargados de construír historias, mundos e personaxes que nos atrapan pero este proceso de creación leva canda si unha serie de curiosas e rechamantes excentricidades: as famosas teimas.
Vexamos algunhas das máis delirantes:
- Roald Dahl só podía escribir nunha cabana (na que únicamente podía entrar Quentin Blake, o seu ilustrador), sentado nun vello sofá e sobre unha táboa.
- Alexandre Dumas debía ir vestido do mesmo xeito, cunha sotana vermella e sandalias.
- Agatha Christie reflexionaba sobre as súas tramas na bañeira á vez que comía mazás.
- Jordi Sierra i Fabra sempre se documenta meses antes e prepara un guión previo do que non se desvía nin unha coma.
- Isaac Asimov traballaba 8 horas cada día, 7 días á semana. Nunca escribía máis de 35 páxinas ao día e revisaba os seus escritos unha soa vez.
- Gabriel Gª Márquez debíapedir a opinión dos demais durante o proceso de escritura. Ah, e tamén se di que sempre escribía descalzo.
- Virginia Wolf sentía un pánico atroz a tolear e chegou a escoitar paxaros conversar entre eles en grego.
- Hans Christian Andersen tiña fobia a case todo. Entre os seus medos máis destacados estaba a tapefobia ou medo a ser enterrado vivo.
- Isabel Allende ten por norma comezar a escribir as novelas sempre un 8 de xaneiro. Ademais, realiza conxuros antes de iniciar as sesións de escritura.
- Saramago escribía só dúas páxinas por día. Non poñía unha coma máis.