Actualidade

Orgullo lector

Os lectores case nunca se aburren nin se senten sós, porque ler é un refuxio e un lugar onde atopar amigos e coñecer xente. É tamén un estado, un xeito de ser e un espazo de respecto. Ler transpórtate a lugares que xamais vas visitar e preséntache a xente que xamais coñecerías a non ser grazas á literatura. E tamén grazas a ela e ás experiencias que te convida a vivir faiche ser máis empático e por iso ter máis respecto por cada persoa sexa da condición que sexa.

Hoxe, día do orgullo LGTBIQ+ queremos reivindicar o orgullo lector. Síntete orgulloso, orgullosa, orgullose de formar parte dunha comunidade lectora que non ten barreiras e que por riba de todo berra tolerancia.