Actualidade

O noso mapa de recordos

Para calquera acto por pequeno que sexa debes botar man da memoria e para que as nosas experiencias queden gravadas, as neuronas téñense que comunicar entre si repetidamente e desa forma a información quedará gardada. Pero esta información non queda gardada toda nun mesmo sitio coma unha foto nun caixón. Non, non, non. Un recordo non é unha foto exacta do que sucedeu. En realidade é coma se esa foto estivese rota en moitos anaquiños e cada un deles se correspondera a cada un dos sentidos que estivo implicado na creación.

Cando recordamos, reconstruímos a foto con eses anacos que o cerebro busca en distintas caixas do córtex (auditivo, visual, olfactivo, etc.) Polo tanto, os recordos están gardados en varios sitios ao mesmo tempo, aínda que sempre faltarán anaquiños.

Es o que aprendiches. Es aquilo do que te lembras.