Actualidade

Ecolectores. O cambio medra nos libros

Novo curso. Novos retos.

Empezamos o curso cheos e cheas de enerxía e novos retos. Quen non ve en setembro outra nova oportunidade de poñer en marcha os propósitos de ano novo? En Oqueleo tamén temos os nosos propios desafíos, como seguir formando unha comunidade ecolectora.

Este curso é máis especial aínda ca o resto. Estamos volvendo á (case) normalidade, despois dun longo letargo encerrados nas nosas casas e comunidades, aíndasendo a máscara e o xel desinfectante os nosos mellores aliados. Foron moitos meses agardando a que chegase este momento, o de renacer.

No mundo animal e vexetal hai moitos exemplos de especies que parecen revivir, que se transforman. Coma o verme que espera para formar o seu casulo e converterse en bolboreta. Ou coma o axolote, a lagarta e o polbo que son capaces de rexenerar extremidades perdidas. Tamén a rosa de Xericó, que cando seca, as súas follas e ramas contráense formando unha pelota apertada, pero cando colle humidade, revive, reverdece, incluso despois de moitos anos de cortada.

Isto mesmo acontécelles aos obxectos que inundan a nosa vida porque o que é lixo para uns é o principio dunha segunda vida para outros. E para que o cambio cara á sustentabilidade sexa posible, todas e todos temos que plantar algo de vontade. Porque cada reto é terra de cultivo.

Novas relacionadas