Actualidade
26-09-2024
Noveno aniversario da Axenda 2030
O día 25 de setembro fixéronse nove anos da aprobación da Axenda 2030, un pacto da Asemblea Xeral da ONU para Desenvolvemento Sostible. Os 17 obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) forman parte dun plan de acción a favor das persoas, do planeta e da súa prosperidade, e para fortalecer a paz e o acceso á xustiza en 15 anos. Conseguiremos o obxectivo nos próximos seis?
Actualmente, o planeta vive inmerso en varias guerras, a temperatura continúa aumentando e boa parte da poboación mundial non pode acceder a unha vida digna e xusta. Por esta razón e desde hai varios anos, no noso selo vimos fomentando a campaña #SomosEcolectores. O noso obxectivo é concienciar dos retos da Axenda 2030 a través da lectura cun catálogo dividido nos 17 ODS e cunha serie de traballos manuais, carteis informativos e vídeos que acompañen cada reto lector.
Súmate ao cambio. Convértete en Ecolector.
Novas relacionadas
26-01-2021
21-10-2021