Actualidade

Membro honorífico do teu barrio

Dicía Aristóteles que o ser humano é un ser social de seu. Precisámonos uns a outros para vivir. Por iso, arrodeados doutras persoas, é cando nos sentimos parte dunha comunidade e cando se reafirma a nosa existencia.

Para que a vida en comunidade sexa saudable (no sentido máis amplo da palabra), temos que achegar o noso gran de area. Debemos actuar con responsabilidade e contribuír a crear un mundo máis sostible. Cada pequena acción suma. Porque somos presente e tamén futuro. Fagamos que o cambio medre!

Por iso, convidámoste a xogar con nós ao… Desafío ecolector! Un xogo para que poñas en práctica as túas calidades de superheroína ou superheroe de barrio.

Se todas e todos cooperamos, construiremos un mundo mellor, non si?