Actualidade

Lecturas para un verán incrible

Achégase o verán, rematan as clases, vén a calor, o tempo libre para xogar, distraerse, divertirse e viaxar. Liches ben… para viaxar! Porque, aínda que quedes na casa, podes facelo; ademais, non cómpre preparar maletas nin levar pasaporte. Contámosche o segredo, presta atención aos pasos que debes seguir:

  1. Colle un libro (se non te decides por ningún, deixámosche aquí unha selección que, con moito agarimo, fixemos para ti).
  2. Elixe un lugar para abrilo.
  3. Non penses en nada, deixa que a historia habite na túa mente. Xa notas que estás noutro lugar?

E agora unha pequena recomendación: mantén en segredo o teu destino… shhhhh!

Descarga as nosas recomendacións

Novas relacionadas