Actualidade

Inocente, inocente!

O Día dos Inocentes ten dous tipos de celebracións que son bastante antagónicas entre si, aínda que están relacionadas.

Por un lado, o cristianismo adoptou este día para honrar a memoria dos nenos que morreron durante o mandato do Rei Herodes, quen no afán por evitar que o neno Xesús de vivise, enviou os soldados para matar a todos os nenos menores de 2 anos que nese momento se atopasen en Belén.

Por outra parte, acostúmase gastar bromas que teñen como fin enganar as persoas e facerlles ver que caeron nelas por inocentes.

Lembras algunha broma e queres compartila con nós? Faino a través dos distintos perfís de redes sociais etiquetándonos.

E se nunca gastaches unha broma, propoñémosche aprender do mestre Bart Simpson.