Actualidade

Guías de lectura

Aínda que cada lectora e lector fai a súa propia lectura dun texto, enriquecéndoa coa súa experiencia vital e persoal, existen unha serie de elementos que nos unen en cada unha das historias que lemos.

A comprensión lectora alcánzase cando somos quen de sumar os dous tipos de lectura: a que vai do visible e común a todas as persoas que se achegan a un mesmo texto coa que se centra no invisible e sensorial; é dicir, nas emocións e nos sentimentos que experimenta cadaquén nese acto tan íntimo que é ler.

Co fin de contribuír á madurez lectora das rapazas e rapaces, poñemos á vosa disposición unha guía de lectura de cada un dos títulos que forman parte de Oqueleo. Tras rexistrarvos na nosa web, podedes descargalas no apartado de Recursos de cada un dos libros.

Desexamos que teñades moi gratos e intensos momentos de lectura.