Actualidade

Feliz día, docentes!

O curso pasado comezamos e rematamos o ano escolar aplaudindo ás e aos docentes polo seu marabilloso e titánico labor. Unha crise sanitaria que aínda continúa fixo sumar ás filas do recreo, os libros de texto, os cadernos, as programacións, as citas coas familias… outros elementos estraños deica agora como protocolos de ocupación, xeles desinfectantes, quendas para todo, máscaras, distancias de seguridade, docencia por aulas virtuais, etc.

 

O voso traballo está resultando fundamental na loita contra a pandemia e, sobre todo, para que a rapazada sinta que todo segue, que as aulas, inda con moitos peros por agora, son lugares seguros para socializar entre iguais, para aprender e para formarse de xeito integral.

E esta responsabilidade de ofrecer un lugar seguro é un labor pouco recoñecido. Por esa razón, outro ano máis, desde Oqueleo, imos celebrar o Día Internacional dos e das Docentes cun grande aplauso. Este virtual vai por todas e todos vós:

Aplausos!