Actualidade

Feliz aniversario, Roald Dahl!

Un día coma hoxe, 13 de setembro, Roald Dahl faría 106 anos.

Nos anos que viviu escribiu obras que pasaron de xeración en xeración, novelas que se fixeron películas (incluso musicais), textos que se publicaron en centos de linguas de todo o planeta Terra, libros que divertiron a nenos e nenas por igual, pero sobre todo que aínda nos divirten. Porque ler é tamén divertirse ademais de emocionarse, aprender, pasar un pouquiño medo. Ler pode axudarnos a evadirnos da realidade, como lle acontecía a Matilda, un dos seus personaxes máis famosos. Ler pode facernos soñar coma no Gran xigante Bonachón. Ler pode levantarnos o apetito coma en Charlie e a fábrica de chocolate.

Por certo, coñeces a conexión entre a biografía do autor e o chocolate? Durante os seus anos no internado, Cadbury, unha fábrica de chocolates próxima ao colexio, enviaba caixas dos seus novos produtos á escola para que os alumnos os probaran. Dahl adoitaba soñar con inventar a onza de chocolate que sería o abraio do señor Cadbury, o que lle serviu como inspiración para Charlie e a fábrica de chocolate e para que o día 13 de setembro fora nomeado Día Internacional do chocolate.

Escritores relacionados