Actualidade
13-09-2023
Feliz 107 aniversario, Roald Dahl!
Hoxe é o aniversario de Roald Dahl pero tamén o Día Internacional do Chocolate. Se temos en conta que un dos personaxes máis famosos de Dahl é Charlie, que tiña como grande ilusión visitar a fábrica de chocolate do Sr. Wonka, podemos pensar que non é casualidade que os dous días coincidan.
Nas deliciosas primeiras páxinas do libro hai un exquisito rastro de chocolate que te leva a preguntarte como chegou o Sr. Wonka a construír tan marabillosa fábrica. Axiña o saberemos…
Entráronche ganas de pasalo ben e deixar voar a imaxinación? Convidámoste a abordar algunhas lecturas para celebrar o aniversario de Roald Dahl, estamos seguras de que non defraudan a ninguén.
Libros recomendados
Escritores relacionados