Actualidade

Estereotipos de xénero en forma de comedia

A diario fomentamos, sen sermos conscientes, todas as clases de estereotipos de xénero. Evitar eses roles na aula é todo un desafío para os docentes, que se ven no complicado labor de axudar a romper cos prexuízos e coas barreiras do xénero.

Propiciar o debate na aula é unha forma de visibilizar eses estereotipos de xénero. Buscar clixés habituais (as nenas son máis tranquilas, aos nenos gústalles o deporte…) e discutilos é un bo exercicio para practicar con todo o alumnado. Poñerse no lugar do outro e interpretar roles pode ser unha forma divertida de facelo sen que o humor lle reste importancia aos temas.

Traballar os estereotipos de xénero na aula a partir da literatura pode ser tamén unha boa opción, só hai que buscar os personaxes e as historias axeitadas para que nos dean xogo. Va que se vos ocorren moitos?