Actualidade
04-03-2024
Elas contan
O feminismo sae á rúa este 8M para berrar, unha vez máis, igualdade. Para darlles voz a todas cantas non a tiveron, para escoitar o seu discurso, telas en conta, sentilas, loitar pola igualdade e procurar entre todas e todos un mundo onde sexamos iguais en dereitos.
Elas, as escritoras, as ilustradoras, as maquetadoras, as editoras, as correctoras, as deseñadoras, as creadoras de contido… todas elas contan en Oqueleo. Todas elas son e están, e polo tanto suman e contan.