Actualidade
27-01-2023
Día Internacional na Memoria das vítimas do Holocausto
Cada ano a UNESCO réndelle tributo á memoria das vítimas do Holocausto e ratifica o seu compromiso de loitar contra o antisemitismo, o racismo e calquera outra forma de intolerancia que poida conducir a actos violentos contra determinados grupos humanos. O 27 de xaneiro conmemórase a liberación do campo de concentración e exterminio nazi de Auschwitz-Birkenau polas tropas soviéticas en 1945.
https://www.unesco.org/es/days/holocaust-remembrance
Se queres saber máis sobre o que aconteceu, podes achegarte a moitas lecturas que trataron o tema. Por exemplo, no selo Loqueleo podes atopar Cuando Hitler robó el conejo rosa, unha historia real narrada en primeira persoa que conmoveu a máis dunha xeración.
Sete decenios despois dos feitos, os Estados Membros comparten a responsabilidade colectiva de abordar os traumas remanentes, manter medidas que permitan unha conmemoración eficaz, coidar dos lugares históricos e promover a educación, a documentación e a investigación. Esta responsabilidade obriga a educar sobre as causas, as consecuencias e a dinámica de tales delitos, así como a fortalecer a resiliencia dos mozos e mozas contra as ideoloxías de odio.