Actualidade
08-02-2024
Día Internacional da nena e da muller na ciencia
Martina. Presente.
Vanesa. Presente.
Rosa. Presente.
Xulia. Presente.
Moitas mulleres dedicáronse, dedícanse e dedicaranse ás áreas científicas. Por iso o 11 de febreiro quérese dar visibilidade a todas esas mulleres e nenas que son e que se desenvolverán no mundo da Ciencia.
Relatámosvos, así, brevemente algunhas das razóns polas que a muller se afasta da Ciencia:
- Falta de referentes. Tirón de orellas para os manuais que se manexan no ensino.
- Distintas expectativas de traballo en adolescentes que dependen do sexo. A ameaza do estereotipo.
- Nesgo nas avaliacións e recoñecemento de méritos en contra das mulleres: para o mesmo grao de produtividade e méritos, a muller é considerada menos competente.
- As mulleres parecen ter menos interese no liderado como motor da súa carreira.
As reivindicacións son necesarias porque as mulleres supoñen máis da metade dos habitantes deste planeta. Pero é máis necesario aliarnos porque unidas somos máis fortes. A Ciencia xúntanos. A lectura únenos.
Se queres saber máis sobre este día e tes unha mente inquieta, animámoste a investigar na rede o una biblioteca e, como non, a buscar respostas.