Actualidade
22-11-2022
Día internacional da música
E a quen non lle gusta a música? É practicamente imposible atopar un ser humano que non goce coa música. Outra cousa diferente é o estilo de música. Pero en xeral a todos nos agrada. Ademais, escoitar música beneficia o benestar en xeral, axuda a regular as emocións, e crea felicidade e relaxación na vida cotiá. Tamén pode trasladarnos a un estado de ánimo moito máis positivo, recordar momentos felices, aumentar a autoestima e a confianza en nós mesmos.
E que mellor celebración que facelo co musical dunha das obras clave Roald Dahl. O próximo mes estrearase en Netflix o musical de Matilda, xusto a tempo para velo en familia durante o Nadal. Seguro que xa oíches falar del pero por se es desas persoas que vive á marxe da actualidade, aquí che deixamos o trailer, non sen antes convidarte a que por suposto leas o libro.