Actualidade

Día Internacional da Astronomía

Sabías que se celebra dúas veces ao ano? A outra data é o 7 de maio pero as dúas teñen o mesmo obxectivo: achegar a astronomía á xente común.

A astronomía é a ciencia que estuda a estrutura e composición dos corpos celestes, como estrelas, planetas, meteoritos, buratos negros e demais fenómenos que se encontran no universo.

De entre todas as ciencias, é unha das máis antigas porque xurdiu cando os homes deixaron de ser nómades e pasaron a establecerse nun lugar xeográfico.

Moitos filósofos decidiron fixar a súa mirada cara aos ceos, co fin de responder a grande incógnita que aínda hoxe en día move o ser humano, quen son, de onde proveño e cal é o meu propósito ou destino. A isto chamóuselle cosmogonía, e dela xurdiron os deuses e os seus mitos.

Pero o mellor é que vexas isto e moito máis na grande explosión onde encontrarás resposta a moitos dos misterios e interrogantes relacionados co universo. Soa interesante, non si? Pois abre este libro e pensa, imaxina e investiga. NON TE VAS ARREPENTIR…

https://youtu.be/cLxt0ktdu5o

Escritores relacionados