Actualidade
29-01-2021
Día Escolar da Non Violencia e da Paz
Cando celebramos este día na escola, quizais non sexamos plenamente conscientes da importancia de xerar nos centros un movemento enérxico contra o odio e a favor da empatía. Non se trata de traballar esta actitude un único día ao ano; o 30 de xaneiro debe ser a celebración do xeito de entender a vida de toda a comunidade educativa.
O acoso escolar nace da falta de empatía e da normalización da violencia no ámbito social. Carecer da capacidade de poñerse no lugar de quen nos rodea transforma as nenas e os nenos en monstros para outras nenas e nenos.
Ignorar as condutas de acoso na escola convértenos nos seus cómplices.
Monstros… só nos contos!