Actualidade
31-03-2022
Día do Libro Infantil e Xuvenil
Ler é liberdade. Ler é respirar.
Ler permíteche ver o noso mundo con ollos diferentes
e convídate a habitar mundos que nunca quererás deixar.
Ler permítelle ao teu espírito soñar.
Din que os libros son amigos para toda a vida
e estou de acordo.
A plenitude do teu universo só medra cando les.
As historias son ás que nos axudan a remontar
o voo cada día, polo tanto busca libros que lle falen
ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.
As historias son medicina. Curan. Reconfortan.
Inspiran. Ensinan.
Benditos sexan os narradores, e os lectores,
e os oíntes. Benditos sexan os libros. Eles son
a medicina para un mundo mellor, máis luminoso.
Mahsi cho. Moitas grazas.
RICHARD VAN CAMP, AUTOR