Actualidade
11-11-2022
Día das Librarías
Esta é unha xornada festiva e de portas abertas que se celebra desde 2011, coa que se quere mostrar que as librerías son espazos próximos, modernos e en continua evolución para xerar cultura, e crear comunidades arredor do libro e da lectura.
Xa sabes que Oqueleo presume sempre da súa comunidade lectora, as librarías tamén queren sacar peito e por iso están pensadas varias iniciativas que poderás consultar na súa páxina web.
Pero non só hai que visitar a libraría o día da festividade, achégate á túa libraría máis próxima ou á librería que ten ese xénero que tanto che gusta ou a esa librería en que atenden de forma tan especial ou a esoutra onde podes incluso ler unhas páxinas dese libro do que che falou a túa amiga.
Toma conciencia do labor dos libreiros e das libreiras. Dálles a importancia que eles e elas che dan a ti. Visítaas! Vas ver como a lectura os une.