Actualidade

Día das Letras Galegas

Xela Arias

Hoxe é un día grande para todas as galegas e galegos, porque celebramos a existencia dun dos elementos de identidade que mellor nos definen. Presumimos de fragas, de ríos, de gastronomía… ata da chuvia sentimos orgullo, mais poucas veces facemos o mesmo co idioma, a cerna do país.

Con Xela Arias non só honramos a lingua de noso, senón tamén todas as voces literarias femininas, tantas veces silenciadas ou relegadas a un segundo plano.

Son conscientísima de que ao empregar

unha lingua minoritaria pecho portas:

que iso non me fará cambiar de idioma.