Entra / Rexístrate

Actualidade

Convivencia e diversidade cultural

Desde hai anos, a diversidade cultural foi enriquecendo as aulas con nenas e nenos de diferentes orixes. Cada día aprendemos con eles novos costumes, tradicións, novo vocabulario e diferentes relixións. Aprender sobre todo iso promove o respecto entre compañeiros e compañeiras, e xera un bo ambiente na aula.

Moito de todo iso podémolo traballar a través da lectura pero tamén a través do teatro. Esta disciplina obríganos a poñernos noutra pel, a comprender o noso personaxe para interpretalo.

Deixámosche 3 consellos básicos para traballar o teatro na aula:

  1.       Busca obras cun argumento que estea adaptado á idade do alumnado.
  2.       Procura que a obra de teatro teña personaxes abondo para que todos e todas teñan a oportunidade de representar un papel, pero sempre respectando os que sexan tímidos e queiran manterse á marxe.
  3.       Busca obras simples sen decorados complexos e con obxectos fáciles de atopar. Elaborar os decorados e os disfraces pode ser unha actividade transversal con outra materia.

Con todo isto, no Día da Diversidade Cultural convidámoste a converter a aula nun circo, porque non hai lugar onde convivan máis persoas diversas, de distintos lugares do mundo e con habelencias diferentes. Anímaste?