Actualidade
08-10-2024
Consellos para salvar o universo (para xente con preguiza)
O planeta está en perigo e todos podemos ser heroes nesta misión. Non hai que sacar un 10 en Física para salvar o universo, unicamente facerlle fronte ao cambio climático e colaborar coas nosas pequenas accións diarias. Todos somos Ecolectores e xuntos podemos botar a semente do cambio. Paréceche? Aquí van algunhas ideas para xente preguiceira.
- Pide os teus extractos por correo electrónico. O envío de información bancaria por correo non só supón un consumo de papel senón que pon en marcha unha cadea de transporte que contamina.
- Non enxaugues, para que o fas? Se usas lavalouza non gastes auga innecesaria repasando antes os pratos antes de poñelo en marcha.
- Tarda pouco na ducha. Canto menos tempo de pé na ducha, máis tempo dispoñible para procrastinar ;).
- Seca ao aire. Xa sexa o pelo ou a roupa, planifica cando lavalo e deixa que sequen ao sol. É a fonte de enerxía máis sostible e económica.
- Merca local, con cabeza e sempre coa túa bolsa de tea. Planifica a compra, así levarás exactamente o que precisas sen esquecer a bolsa. Lembra que canto máis preto da casa merques, menos terás que cargar.
Con estes pequenos consellos seguro que non só che axudamos a salvar un pouquiño o planeta, senón que agora terás tempo extra para seguir investigando e concienciándote para seguir no camino do coidado da terra.