Actualidade

Día Mundial da Reciclaxe 2019

 

Que é a reciclaxe? É o proceso ao que se somete un elemento, xa utilizado e destinado a ser material de refugallo, para obter un produto novo.

Alén da reciclaxe, os gobernos están inmersos na concienciación da economía circular, unha estratexia que ten como obxectivo “a produción de bens e servizos ao mesmo tempo que reduce o consumo e o desperdicio de materias primas, auga e fontes de enerxía”. Deste xeito, fuximos do actual sistema lineal de ‘usar e tirar’ e apostamos por outro baseado na prevención, reutilización, reparación e reciclaxe.

Por que celebramos este día? Para concienciar a sociedade verbo da importancia que ten tratar as sobras para facer un mellor uso dos recursos naturais, reducir o impacto ambiental dos nosos hábitos de consumo e idear formas creativas de redeseñar os nosos obxectos para lles dar nova vida.

Que podemos facer? Aínda que debe ser un compromiso de toda a sociedade, individualmente, podemos realizar moitas accións. Prestade atención aos consellos seguintes: http://www.reciclame.info/el-consejo-del-dia/

m² pola Natureza é unha convocatoria cidadá anual para recoller lixoreza do contorno natural. Colabora o 15 de xuño e, de non poder organizar ou participar nesta actividade, podes colaborar difundindo a campaña https://proyectolibera.org/proximos-eventos/

Oqueleo tamén ten un compromiso coa ecoloxía; por iso, recomendámosche a lectura destes libros… non te van deixar indiferente.

Nube de neve (https://bit.ly/2EfQbc7)

O que nunca che contaron (https://bit.ly/2VOC6NW)

Unha misión para Clara (https://bit.ly/2Jp4lvS)