Actualidade
20-04-2023
Como atinar ao regalar un libro?
Regalar un libro é fácil, pero atinar é complicadísimo. Seguro que algunha vez os Reis Magos che trouxeron a novela que non pediches, que a túa tía te agasallou algunha vez con ese best seller do que todos falan pero que non está na túa wishlist e peor, seguro que ti regalaches algunha vez un libro que a ti, apaixonada dos thriller nórdicos, che encanta pero que a teu cuñado non o engancha. Para evitar cambios nas librarías ímosche dar uns consellos, aínda que non existen receitas infalibles. Anota:
1. Non atendas as listas «o mellor de», «non perdas», «libros que debes ler...», etc. Pensa na persoa á que lle regalas: que lle gusta, idade, en que formato lle gusta ler, xéneros favoritos…
2. Pasea polas librarías fóra dos máis vendidos e descubre outras posibilidades. Déixate sorprender!
3. Se na libraría do barrio fan unha presentación e o libro e autor che interesan, aproveita para levar o libro dedicado.
4. Pregúntalles ás libreiras ou a amigos que sexan lectores e déixate aconsellar.
5. Non esquezas consultar as redes sociais. Hai contas de persoas moi lectoras que aconsellan e dan a súa opinión con moito acerto (@agoraquepodoler, @surfeandolibro…).
6. E, aínda que non nos guste, pide un tícket regalo, non vaia ser o conto.